A Deputación de Lugo aproba o proxecto e as obras da estrada Vilalba-Momán

orzamentos_partic_vilalba3
José Ramón Gómez Besteiro, na presentación dos Orzamentos Participativos 2015 en Vilalba

A Deputación de Lugo, en reunión da Xunta de Goberno celebrada hoxe luns, ven de aprobar o proxecto e posta en marcha da contratación das obras da estrada LU-P-6513, que une Vilalba con As Pontes pasando por Gondaísque, Distriz, Tardad e Codesido.

O gasto aprobado, que ascende a un total de 401.300 euros, servirá para renovar completamente a vía, dotándoa de aglomerado en quente e nova sinalización horizontal e vertical desde o kilómetro 2,590 ata o 9,200, así como a reapertura e limpeza de cunetas.

Con esta aprobación dase un paso máis no cumplimento da palabra que José Ramón Gómez Besteiro e os socialistas vilalbeses lle deran aos veciños desas parroquias durante a presentación na nosa vila dos Orzamentos Participativos da Deputación de Lugo.

 

Compartir con...