A Agrupación

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA Agrupación Socialista de Vilalba está conformada actualmente por mais dun cento de veciños e veciñas do noso concello, algún deles con mais de 30 anos de activa militancia, e con familias de arraigada raigambre socialista.

Os socialistas somos conscientes das dificultades que, nunha terra tradicionalmente conservadora, temos por diante. Pero as nosas fondas crenzas democráticas e de progreso fan que nos sobrepoñamos ás dificultades e aos impedimentos. E queremos convidarte a que participes con nós deste pensamento: si eres unha persoa progresista, que se preocupa polos demais, que quere implicarse axudando a que a sociedade de Vilalba prospere, facéndoa mais xusta e solidaria, e prefires ser participe do futuro antes que quedar pensando no que puido ser e non foi, podes integrarte na nosa agrupación, ben coma simpatizante ou como afiliado.

A nosa sede atópase na Rúa Campo de Puente 1, entrechán, e a actual Executiva Local do PSdeG-PSOE en Vilalba está conformada polas seguintes persoas:

  • Secretario Xeral: Eduardo Vidal Baamonde.
  • Vicesecretaria Xeral e Secretaria de Políticas Sociais: Elba Veleiro Fernández
  • Secretaria de Organización e de Medio Rural: Sonia Verdes Gil.
  • Secretario de Política Municipal: Xosé Teixeiro Pérez.
  • Secretaria de Acción Electoral: Marta Rouco Seoane.
  • Secretario de Ordenación Municipal: Luís Fernández Alvarez.
  • Secretaria de Cultura: Margarita Gómez Novo.
  • Secretario de Coordinación Parroquial e Redes Sociais: Jesús Ares Fraga
  • Secretaria de Igualdade: Clara López Montes.
  • Secretario de Xuventude: Rodrigo Pavón Prieto.
  • Secretaria de Programas: Isabel Díaz Ramos.
  • Secretario de Formación e Política Institucional: Fernando Justo Díaz.

Todos os martes e xoves, a partir das 19:30 horas, estamos na nosa sede para escoitar todo o que os nosos veciños queiran dicirnos.