Afiliación

Se eres unha persoa progresista, preocupada por mellorar a nosa sociedade, por facela máis xusta e solidaria, por extender os valores da tolerancia, o PSOE é o teu partido.

Se queres participar dun novo proxecto socialista. Se estás farto do que pasa e queres un cambio de actitude na nosa vila, se queres axudarnos a mellorar Vilalba. Se queres aportar o teu gran de area para acadar unha sociedade mellor, dende o compromiso político como militante ou a colaboración como simpatizante, xa sexa nun ámbito sectorial ou de especialización profesional, afíliate ao PSOE.

Militante: Cidadán maior de idade disposto a colaborar no proxecto político do Partido Socialista participando na vida interna da súa Agrupación Local. Participa de forma activa en debates, en asambleas e na toma de decisións. O militante abonará unha cuota mensual.

Simpatizante: Cidadán maior de idade que se identifica co proxecto socialista, que non adquire o grado de afiliado en canto ás obrigas, pero comprométese a colaborar, de forma voluntaria, co seu traballo e coas súas ideas no programa do Partido Socialista.

Podes descargar a ficha de afiliación premendo no seguinte enlace. Tras cubrila podes entregala, xunto con dúas fotocopias (anverso e reverso) do voso DNI na nosa sede, que temos aberta todos os martes e xoves, de 19:30 a 20:30 horas.

E se desexas facelo de forma completamente on-line, podes afiliarte nesta outra ligazón.

Compartir con...