As nosas contas

Desde sempre, os socialistas -e os socialistas vilalbeses- cremos na transparencia informativa. Tamén cremos que nunha sociedade democrática e plural, as contas económicas de todos os partidos políticos deben poñerse a disposición do conxunto da cidadanía.

No que se refire á nosa agrupación, os ingresos proveñen exclusivamente das cotas dos militantes así como da aportación que o Grupo Municipal Socialista (GMS) lle fai á Agrupación segundo o convenio asinado entre ambas entidades, e que tamén publicitamos.

Así pois, seguindo este principio, segundo o acordado por unanimidade dos militantes na Asamblea ordinaria celebrada o venres 27 de xuño de 2014, e a proposta do Secretario Xeral, a Agrupación Socialista de Vilalba fará públicas, desde agora e no sucesivo, as contas da nosa agrupación.

E para que a transparencia sexa absoluta, temos que dicir que todos os comprobantes e facturas atópanse a disposición de calquera cidadán na nosa sede, no noso horario habitual.

  • Exercicio 2016
Compartir con...