Código ético

Xa entrou en vigor o noso Código Ético, que deberá cumprir toda a militancia socialista e os cargos, sexan militantes ou non.

O noso Secretario Xeral, Pedro Sánchez, foi o primeiro en asinalo.

COMPROMISO ÉTICO

Asumo o compromiso de cumprimento de cada un dos seguintes puntos do Código Ético do Partido Socialista Obrero Español.
  1. Teño a vontade irreductible de manter unha conducta íntegra.
  2. Pertenzo ao PSOE porque quero estar ao servizo do meu país. O interese xeral prevalece sobre o meu interese particular. Non concibo a miña militancia como un beneficio persoal.
  3. No caso de acceder a un cargo público ou orgánico do PSOE comprométome a exercelo de acordo cos principios de goberno aberto: transparencia, participación e colaboración.
  4. Teño o firme compromiso de respectar a diversidade social en todas as súas dimensións: cultural, relixiosa, de xénero, de orientación e identidade sexual, funcional, …
  5. Se ocupara un cargo público ou orgánico faríao con austeridade, honradez, exemplaridade, eficacia e plena dedicación.
  6. Se ocupara cargo público promoverei no exercicio de goberno a aprobación e aplicación de códigos éticos que garantan a exemplaridade, a austeridade e o cumprimento de elevados principios éticos.
  7. Como cargo público contribuirei ao sostemento económico do PSOE na medida dos meus ingresos.
  8. A percepción de retribucións económicas orgánicas é incompatible coa percepción de retribucións polo exercicio de cargos públicos en representación do PSOE.
  9. Informarei antes de recibilas da percepción de axudas de custe por gastos derivados da miña participación en organismos ou empresas públicas. Acreditarei tamén as cuantías percibidas.
  10. Si exerzo como cargo público entregarei o certificado da miña declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para a súa revisión polos órganos competentes do PSOE.
  11. Antes de acceder a calquera cargo público ou candidatura, asinarei non ter incurrido en causa xudicial relacionada coa corrupción, violencia de xénero, acoso ou discriminación, ou na comisión de feitos constitutivos de delitos graves.
  12. Presentarei a miña dimisión inmediata si, exercendo cargo público ou orgánico, se me abre xuizo oral por un procedemento penal por delito grave. Asumo que de non facelo suspenderáseme cautelarmente de militancia e podería resultar expulsado.
  13. Si exercendo cargo ou responsabilidade pública fose imputado por resolución xudicial, darei conta das acusaciones ante a Comisión Executiva Federal.
  14. Acepto a suspensión cautelar de militancia si se me abrira xuizo oral por violencia de xénero ou delito sexual. Abandonarei o partido si a condea é firme.
  15. No exercicio de cargo público ou orgánico actuarei sempre baixo os principios de eficiencia e austeridade, evitando uso impropio dos bens ou medios dos que dispoño.
  16. Para os meus desprazamentos, sempre que poida e coas marxes necesarias para garantir a asistencia e a representación do partido, farei uso das tarifas máis económicas para o erario público e o orzamento do partido.
  17. Ningún gasto de representación poderá superar os 600 euros semanais ou os 1.500 euros mensuais, sen ser comunicados e aprobados previamente pola direción do Partido que corresponda.
  18. Non aceptarei, no exercicio do meu cargo orgánico ou público, regalos en efectivo ou en especie, ou favores ou servicios persoais, que superen os 60 euros. Tampouco acumularei ningún deses regalos, servizos ou favores procedentes dunha mesma persoa, organismo ou empresa, por un valor de máis de 100 euros. Rexeitarei calquer obsequio que exceda esa cuantía.
  19. Non proporei nen apoiarei indulto de cargo público algún condeado por delito cometido no exercicio das súas funcións, por delitos ligados á corrupción, violencia de xénero, delitos de acoso ou discriminación, ou comisión de delitos graves. Comprométome a non solicitar o meu propio indulto si pesara sobre min condea polos mencionados delitos.
  20. Entendo que os expresidentes do Goberno nacional ou das Comunidades Autónomas deben renunciar automáticamente a beneficios e percepcións salariais ligados á sua condición de expresidentes se exercen actividade profesional continuada e retribuida desligada de tal condición. 

Se eres militante, podes asinar o Código Ético no seguinte enlace.

Se queres ler de forma completa o Código Ético, podes lelo no seguinte enlace.

Compartir con...