Saúdo do Secretario Xeral

Prezado/a amigo/a:

Benvido á páxina web dos socialistas vilalbeses. Unha ferramenta máis de comunicación bidireccional coa que poder estar en contacto directo coa nosa Agrupación xunto ás redes sociais de twitter,  instagram, facebook e a nosa canle de whatsapp.

 

Os socialistas estamos convencidos que a actividade política non debe consistir en pecharse nun despacho nin ocultarse ante a cidadanía. Por iso, poñemos á túa dispor esta multitude de canais de participación, co que poder levar as túas opinións e as túas críticas á acción política. Pero tamén poder recibir as vosas queixas e suxerencias para poder facer a nosa tarefa do mellor xeito posible, sempre tendo en conta a transparencia por bandeira.

 

Escribir unhas verbas para darche a benvida á nosa web, non é unha tarefa doada. Pero moito menos doada foi a loita de tantos e tantas compañeiros e compañeiras que, durante tantos anos  defenderon e continúan a defender os ideais de solidariedade, fraternidade e igualdade nesta a nosa terra.

 

Comeza un novo tempo na dirección do partido, cunha continuidade na liña de traballo serio, responsable e rigoroso que se veu dando nos últimos anos e que, nos levou a alcanzar a confianza de moitos e moitas dos/as veciños/as do Concello de Vilalba.

 

Agora toca seguir traballando, con toda a forza e ilusión para poder construir unha Vilalba de todos e para todos, na que a solución non é marchar nin resignarse. Ese momento está preto, e estamos convencidos de que entre todos/as o poderemos conseguir.

Recibe unha fonda aperta.

Rodrigo Pavón Prieto