Ordenanzas Municipais

O Concello de Vilalba, en base ao principio de autonomía que a Constitución garante aos concellos, establece estas ordenanzas como expresión da súa potestade regulamentaria e de autoorganización.

– As ordenanzas de carácter xeral regulan os servizos que brinda o Concello, ou actividades que precisan de control.

– As ordenanzas fiscais (O.F.) regulan os diferentes tributos locais, ben sexa nos seus procesos de xestión, liquidación, recadación ou inspección.

         As ordenanzas (ou as súas modificacións) son aprobadas inicialmente no Pleno Municipal, tras o cal deben expoñerse ao público por un período mínimo de 30 días para posibles reclamacións ou suxerencias, que son valoradas e resoltas polo pleno. De non haber ditas alegacións, a aprobación inicial por parte do pleno convírtese en definitiva, tralo que son publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP). As ordenanzas xerais entran en vigor aos 15 días hábiles da súa publicación, mentras que as ordenanzas fiscais entran en vigor o mesmo día da súa publicación.

  • O.F. Nº 1 – Contribucións Especiais. Descargar
  • O.F. Nº 2 – Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Descargar
  • O.F. Nº 3 – Imposto sobre o Incremento de valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalía). Descargar
  • O.F. Nº 4 – Imposto sobre Construccións, instalacións, obras e licenzas de primeira ocupación (ICIO). Descargar
  • O.F. Nº 5 – Imposto sobre circulación dos vehículos de tracción mecánica. Descargar
  • O.F. Nº 6 – Taxa por licenza de apertura de establecemento. Descargar
  • O.F. Nº 7 – Taxa por licenzas de autotaxi e demáis vehículos de aluger. Descargar
  • O.F. Nº 8 – Taxa por expedición de documentos administrativos. Descargar
  • O.F. Nº 9 – Taxa por prestación do servizo de recollida de lixo. Descargar
  • Ordenanza Nº 10 – Servizo de axuda no fogar. Descargar
  • O.F. Nº 11 – Taxa da rede de sumidoiros. Descargar
  • O.F. Nº 12 – Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa. Descargar
  • O.F. Nº 13 – Taxas por ocupación da vía pública con mercadorías, valos, andamios e outras instalacións análogas. Descargar
  • O.F. Nº 14  – Taxa por ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública. Descargar
  • Regulamento de réxime interior da Escola Infantil Municipal do Concello de Vilalba. Descargar
  • O.F. Nº 16 – Taxa por servizos de distribución de auga e utilización de contadores e instalacións análogas cando eses servizos e subministración sexan presentados por entidades locais. Descargar
  • O.F. Nº 17 – Ordenanza reguladora da taxa polo servizo de protección civil, incendios e salvamento. Descargar
  • O.F. Nº 18 – Taxa pola realización de actividades administrativas de inspección, control e verificación de actividades en réxime de declaración responsable. Descargar
  • O.F. Nº 19 – Apertura de establecementos para o exercicio de actividades non sometidas a a avaliación da incidencia ambiental. Descargar
  • O.F. Nº 20 – Taxa por utilización das instalacións da Piscina Municipal. Descargar
  • O.F. Nº 21 – Taxa por asistencia de menores á Escola Infantil Municipal. Descargar
  • O.F. Nº 22 – Imposto sobre actividades económicas (IAE). Descargar
  • O.F. Nº 23 – Reguladora da venda ambulante. Descargar
  • O.F. Nº 24 – Taxa por prestación de servizos de Mercado – Praza de Abastos e os seus espazos e servizos anexos, agás o local destinado a cafetería e almacén para ela. Descargar
  • O.F. Nº 25 – Ordenanza xeral de protección de medio ambiente urbano. Descargar
  • O.F. Nº 26 – Regulamento de Réxime Orgánico do Concello de Vilalba (ROM). Descargar
  • O.F. Nº 27 – Taxas por reservas ou aproveitamentos especiais de espazo de uso público, e por inmobilización, retirada, traslado e depósito de vehículos. Descargar
  • O.F. Nº 28 – Expedición das tarxetas de accesibilidade. Descargar
  • O.F. Nº 29 – Taxa pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Descargar
  • Ordenanza Nº 30 – Regulamento municipal dos vertidos non domésticos de augas residuais á rede de sumidoiros. Descargar
  • Ordenanza Nº 31 – Regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Vilalba. Descargar
  • Ordenanza Nº 32 – Subvencións e actuacións urbanísticas na Área de Rehabilitación Integral (ARI), zona ampliada e casco antigo delimitado do Concello de Vilalba. Descargar
  • O.F. Nº 33 – Reguladora da taxa por prestación dos servizos públicos das instalacións e escolas deportivas, campamentos de verán e outros servizos análogos. Descargar
  • Ordenanza Nº 34  – Licenza pola tenza de animais potencialmente perigosos, do seu rexistro e da sección local do Rexistro de Animais de Compañía. Descargar
  • Ordenanza Nº 35  – Regulamento do Rexistro Municipal de Unións de Feito. Descargar
  • O.F. Nº 36  – Taxa por prestación do servizo do Conservatorio Municipal. Descargar
  • O.F. Nº 37 – Taxa por aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de suministros de interese xeral. Descargar
  • O.F. Nº 38 – Instalación e funcionamento das instalacións de telefonía móbil persoal e outros servicios de telecomunicacións e de difusión. Descargar
  • O.F. Nº 39 – Cemiterio Municipal. Descargar
  • O.F. Nº 40 – Plantacións forestais no Concello de Vilalba. Descargar
  • O.F. Nº 41 – Taxa pola prestación de servizos municipais asociados á celebración de matrimonios civís no Muiño do Rañego e outras utilizacións. Descargar
  • O.F. Nº 42 – Taxa por estancia nocturna en instalacións municipais. Descargar
  • Ordenanza Nº 43 – Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vilalba (Lugo). Descargar
  • Ordenanza Nº 44 – Administración electrónica. Descargar
  • O.F. Nº 45 – Prezo público polo emprego do Auditorio Carmen Estévez Eguiagarai e a Casa da Cultura de Vilalba. Descargar
  • Ordenanza Nº 46  – Ordenanza reguladora do procedemento de declaración responsable para a realización de obras menores. Descargar
  • Ordenanza Nº 47 – Ordenanza reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais do Concello de Vilalba. Descargar
  • Ordenanza Nº 48 – Regulamento do Mercado Municipal de Vilalba. Descargar
  • Ordenanza Nº 49 – Transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos. Descargar

 

As ordenanzas están en formato PDF (Portable Document Format), polo que precisarás Adobe ou un lector similar para poder ver o documento. Se non tes Adobe, podes descargalo de balde premendo neste enlace.