Os Plenos

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria cada 2 meses, habitualmente o derradeiro xoves de cada mes impar, polas tardes. Nestos plenos, que son públicos, cada veciño/a de Vilalba pode ver e oir por sí mesmo como goberna o noso concello o grupo de goberno do Partido Popular, e tamén se ve o labor de oposición que fan os partidos do PSdeG-PSOE, e mais de Vilalba Aberta e BNG. Ademais destes plenos, poden celebrarse plenos extraordinarios cando os convoque o alcalde, a iniciativa propia ou por petición dunha cuarta parte dos concelleiros.

Tras a celebración do pleno, e grazas ao sistema de gravación de voz, a secretaria municipal redacta a oportuna acta na que se reflicte dun xeito resumido o transcurrido no pleno. Os borradores destas actas son posteriormente enviados a cada un dos grupos políticos, para ser aprobadas no pleno posterior.