Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é o órgano de goberno do Concello, e está composto por un número máximo de unha terceira parte dos concelleiros da Corporación, ademais do alcalde, sendo éste quen decide os concelleiros que formarán parte deste órgano. A día de hoxe os seus integrantes son:

  • D. Gerardo Criado Guizán.
  • D. Julio Vázquez Otero.
  • D. José María García-Leira Boado.
  • Dna. Cruz Rouco Vilariño.
  • Dna. Consuelo Grandío Pardo.
  • D. Jesús Bermúdez Rodríguez.

Segundo os artigos 36 e 37 do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), que podedes ver aquí, a Xunta de Goberno debe reunirse cada semana -xeralmente faino os martes- e, ao contrario que os plenos, celébranse a porta pechada, aínda que os seus acordos son públicos mediante as súas actas correspondentes.

Sen embargo, desde o ano 2013, e por mor da sentenza 161/2013 de 26 de Setembro do Tribunal Constitucional, hai unha situación na cal as reunións da Xunta de Goberno son públicas: esta situación refírese a cando nun punto da reunión se debate un asunto que en orixe era competencia do Pleno Municipal, e que foi delegado por éste na Xunta de Goberno. Así pois, é obriga do alcalde informar aos cidadáns cando se produzca esta situación, a fin de que poida asistir quen queira ao debate e votación do asunto en cuestión.

Neste órgano decídese o día a día do concello: apróbanse ou denéganse as solicitudes dos veciños, ordénanse pagos, outórganse subvencións, impóñense sancións, etc…

Compartir con...