O PSOE afronta o derradeiro pleno do ano acusando ao goberno de ocultar as analíticas de potabilización da auga

O Grupo Municipal Socialista porá de manifesto na última sesión plenaria do ano o incumprimento reiterado do deber de entrega de documentación por parte do goberno municipal. Son moitas as ocasións nas que o goberno popular de Baamonde foi sinalado por esta eiva “cunha tendencia anti democrática” na súa xestión, unha delas no pleno celebrado a comezos de outubro, no que se retirou da orde do día un recoñecemento extraxudicial de crédito “intentando levar a aprobación dun expedente que non foi amosado á oposición”. Agora, as e os socialistas afirman que o equipo de goberno lles oculta os requerimentos realizados polo mal funcionamento na rede de suministros, pois “non entregaron a copia das analíticas de potabilización da auga das traídas municipais dos últimos dous meses nin a copia dos informes da empresa concesionaria ao respecto das alteracións”, asevera a voceira do PSOE, Elba Veleiro.

Neste senso, tamén quixeron lembrar desde o Grupo Socialista que “en maio do 2017 a Valedora do Pobo instou a Agustín Baamonde a facilitar canta información fora requerida tras a denuncia do noso grupo”, subliñou Veleiro, insistindo na actitude do alcalde ao “ter infrinxido e obstaculizado de xeito repetido o deber democrático de fiscalización que levamos a cabo na oposición socialista”.

Proposta cemiterio

Ante a inexistencia dunha normativa reguladora do Cemiterio Municipal, o PSOE pedirá que se plasmen os aspectos máis relevantes de funcionamento destas instalacións para dotar de seguridade xurídica e garantir a prestación efectiva. Así, un Regulamento de Réxime Interior do cemiterio contemplaría horarios de apertura, servizo de limpeza das zonas comúns, e outros aspectos a ter en conta para un respectuoso e bo funcionamento.

 

Outras propostas

Ademais, tal e como xa anunciaron en semanas anteriores, os socialistas levarán ao pleno unha moción para que se tomen medidas contra a praga da vespa velutina, tales como máis material para os colectivos implicados na retirada dos niños e para apicultores, así como formación e concienciación á veciñanza.

O PSOE tamén levará á sesión plenaria a súa preocupación polo continuo asolagamento da estrada da charca do alligal, realizando unha batería de preguntas. Tamén se interesarán por dar solución á problemática dos puntos de recollida de plásticos agrícolas nas parroquias.

Por último, solicitarán o cambio de sinalización vertical e unhas nocas bandas redutoras de velocidade, así como o pintado de todas as zonas de aparcamento para persoas con discapacidade ou medidas de seguridade para a veciñanza do Carrizo.

 

A continuación, a notificación do pleno e a documentación das distintas iniciativas do Grupo Socialista:

20181130_Notificación de la convocatoria

MOCIÓN CEMITERIO

MOCIÓN DOCUMENTACIÓN

MOCIÓN VELUTINA

PREGUNTA – ALLIGAL

PREGUNTA – FROUXEIRA

PREGUNTA SOBRE CONV RECOLLIDA DPLÁSTICOS AGRÍCOLAS

PREGUNTA TECNICO TURISMO

ROGO CARRIZO

ROGO ZONAS APARCAMENTO PERSOAS CON DISCAPACIDADE

SOLICITUDE COMPARECENCIA CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE:

SOLIC COMPARECENCIA CONCELLEIRO DE MA

 

 

Compartir con...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.