Pleno Municipal Ordinario do 30 de Maio

Orde do día

Este próximo xoves 30, ás 7 da tarde, celébrase o seguinte pleno ordinario do Concello de Vilalba que leva a seguinte orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión do 21 de Marzo de 2013.
  2. Recoñecemento extraxudicial de crédito.
  3. Ordenanza reguladora do procedemento de declaración responsable para a realización de obras menores.
  4. Modificación da ordenanza nº 10, reguladora do servizo de axuda no fogar.
  5. Modificacións das ordenanzas fiscais números 29 (prestación do servizo de axuda no fogar), 8 (expedición de documentos administrativos), e 4 (imposto sobre construcións, instalacións, obras e licenzas de 1ª ocupación).
  6. Poboación do municipio a data 1 de Xaneiro de 2013.
  7. Coñecemento de resolucións da alcaldía.
  8. Mocións.
  9. Proposicións da presidencia.
  10. Rogos e Preguntas.

Pola nosa banda, o Grupo Municipal Socialista leva a consideración do pleno tres mocións, cinco preguntas e dous rogos, que se desglosan da seguinte forma:

Mocións:

  • Instando ao mantemento do Rexistro Civil en Vilalba.
  • Solicitude de que cada concelleiro ofreza información por sí mesmo de cadansúa área de goberno.
  • Solicitando da Xunta a aprobación dun Plan de Emprego Local especialmente enfocado cara aos xóvenes e menores de 30 anos.

Preguntas:

  • Solicitude de aclaracións sobre a relación contractual do concelleiro García-Leira coa empresa ‘José Sanjurjo Construcciones S.L.’
  • Solicitude de información sobre a nova paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vilalba.
  • Brigada municipal de loita contra incendios forestais: ¿Vai asinar o concello o convenio? ¿Cómo se contratará aos traballadores?
  • Solicitude de información sobre unha subvención que tivo que reingresar o Concello de Vilalba.
  • Solicitude de información sobre o acontecido co parque biosaudable que existía ata o ano pasado no paseo fluvial.

Rogos:

  • Arranxo dun tramo do paseo fluvial entre a Madalena e a Ponte dos Freires.
  • Desbroze de solares en Vilalba.

Podedes acceder ao texto íntegro das mocións aquí mesmo:

Estades, coma sempre, invitados a asistir ao pleno e a participar da vida municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.