Puta roja

10923673_10205739311832878_7025300519512141495_o
O exercicio dunha opción política nunca xustifica a violencia.

Verdade que só con oílo soa mal? Ata a min me costa pronunciar estas dúas palabras. Qué pretenderían conquerir ao grabalas no capó do coche dunha rapaza das Xuventudes Socialistas de Vilalba? Estou por asegurar que disfrutaron do momento, estou por asegurar que se sentiron fortes, que se sentiron superiores polo simple feito de actuar ás agachadas e consumar un acto de intolerancia. Para maior regodeo, poida que ata incluso lle sacaran unha fotografía para presumir de tal fechoría antisocial.

A Organización das Nacións Unidas define a tolerancia como “o respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade de culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e medios do ser humano”. Afirma que a tolerancia consiste na armonía na diferenza. que non só é un deber moral, se non que tamén é unha esixencia política e xurídica. É dicir, que todas as persoas temos o dereito de ser como decidamos e de expresar ese dereito sen que por elo sexamos discriminados ou menosprezados.

Ser tolerante é o mesmo que ser respectuoso, que ser indulxente e considerado cos demais. É unha cualidade persoal que a Real Academia Española define como o “respecto aos pensamentos e accións de terceiros cando resultan opostos ou distintos aos propios.”

Ser tolerante é ser permisivo. É aceptar e admitir a diferenza ou a diversidade. Ser tolerante é saber escoitar e tamén saber entender os dereitos dos demáis. É saber aceptar a diversidade de opinión, a diversidade social, racial, cultural, relixiosa e tamén entender e aceptar a diversidade política.

Dende estes micrófonos dígolle á xoven compañeira que somos moitas as persoas que dende todas as opcións políticas condenamos este tipo de actos, dos que por desgraza, Vilalba non é allea.

Que teñades todas e todos un moi bo día

Compartir con...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.